ART 3º ESO
▼
miércoles, 30 de enero de 2019
sábado, 19 de enero de 2019
PLAN PROXECTA-QUEROTE+
Ficha 2 Plan
Proxecta Curso 20178/2019
Obxectivos Contribuír aos procesos
de sexuación de mozos e mozas dun xeito positivo Facilitar a
posta en común e a reflexión sobre as dúbidas que poden existir
respecto das prácticas eróticas e as relacións entre persoas
Propiciar actitudes de empatía cara ás diferentes visións e formas
de vivir a sexualidade
Materiais
necesarios
Folios
Bolígrafos
Caixa de correo
Desenvolvemento
da actividade
Repártense papeis en branco e proponse
ao alumnado que escriba as preguntas que queira sobre a sexualidade e
os aspectos que con ela se relacionan (prácticas, relacións,
diferenciación, etc,…) e se metan nunha caixa de correo. As
preguntas son anónimas e en ningún momento se pedirá que se
identifiquen. En caso de que non xurdan preguntas, suxeriráselle que
escriban dúas palabras que para eles e elas están relacionadas coa
sexualidade. Cando as teñan escritas, recóllense e organízanse por
temas para facilitar o traballo posterior do grupo (exemplos de
grupos: partes do corpo, métodos anticonceptivos, infeccións de
transmisión sexual, prácticas eróticas, orientación, identidade).
Trátase de que cada pregunta/palabra suscite a posibilidade de
reflexión do grupo. É importante que se lean todas as
preguntas/palabras para que todos e todas asuman que se tiveron en
conta. Farase un resumo estruturado de todas as cuestións/palabras,
para nas seguintes fichas tratar de dar resposta específica a cada
unha delas. Con aquelas dúbidas/palabras nas que o/a docente precise
un apoio poderán ser enviadas a Quérote+ e deste xeito tamén se
potencia o recurso como clave para obter información e asesoramento.
Indicacións metodolóxicas
É importante que se xere o debate
na aula, de maneira que o alumnado poida achegar as súas impresións
e sexan os protagonistas da sesión. Para iso o/a profesor/a poderá
formular preguntas ou dicir palabras a modo de exemplo, buscando a
reflexión e análise crítica dos alumnos e alumnas. As
dúbidas/palabras deben ser clasificadas e ordenadas por temáticas
(que o/a docente pode escoller) para ser resoltas con posterioridade,
tanto na propia aula, como a nivel individual como tarefa para
desenvolver fóra do centro.
A reflexión do alumnado pode
guiarse co material que se presenta como referencias bibliográficas
e recursos de interese (visionar e ler previamente á posta en marcha
da ficha para poder guiar o traballo na aula).
Referencias bibliográficas e recursos
de interese Vídeo Educación sexual:
https://www.youtube.com/watch?v=IcORzwnpqB8
Vídeo “El sexo”: https://www.youtube.com/watch?v=BmZWSIlII8c
Guía Educación de las Sexualidades:
Otro folleto de sexualidad:
http://www.leganes.org/dejovenes/pdf/SEXUALIDAD.pdf