ART 3º ESO

sábado, 19 de enero de 2019

PLAN PROXECTA-QUEROTE+



O obxectivo dos centros Quérote+ é prestar un servizo de información e asesoramento á xuventude galega naquelas áreas nas que se poida aportar un maior entendemento social e que se facilite o crecemento persoal.

AQUÍ TIENES MÁS INFO


Ficha 2 Plan Proxecta Curso 20178/2019
Obxectivos  Contribuír aos procesos de sexuación de mozos e mozas dun xeito positivo  Facilitar a posta en común e a reflexión sobre as dúbidas que poden existir respecto das prácticas eróticas e as relacións entre persoas  Propiciar actitudes de empatía cara ás diferentes visións e formas de vivir a sexualidade

Materiais necesarios
 Folios
 Bolígrafos
 Caixa de correo
Desenvolvemento da actividade
Repártense papeis en branco e proponse ao alumnado que escriba as preguntas que queira sobre a sexualidade e os aspectos que con ela se relacionan (prácticas, relacións, diferenciación, etc,…) e se metan nunha caixa de correo. As preguntas son anónimas e en ningún momento se pedirá que se identifiquen. En caso de que non xurdan preguntas, suxeriráselle que escriban dúas palabras que para eles e elas están relacionadas coa sexualidade. Cando as teñan escritas, recóllense e organízanse por temas para facilitar o traballo posterior do grupo (exemplos de grupos: partes do corpo, métodos anticonceptivos, infeccións de transmisión sexual, prácticas eróticas, orientación, identidade). Trátase de que cada pregunta/palabra suscite a posibilidade de reflexión do grupo. É importante que se lean todas as preguntas/palabras para que todos e todas asuman que se tiveron en conta. Farase un resumo estruturado de todas as cuestións/palabras, para nas seguintes fichas tratar de dar resposta específica a cada unha delas. Con aquelas dúbidas/palabras nas que o/a docente precise un apoio poderán ser enviadas a Quérote+ e deste xeito tamén se potencia o recurso como clave para obter información e asesoramento. Indicacións metodolóxicas
 É importante que se xere o debate na aula, de maneira que o alumnado poida achegar as súas impresións e sexan os protagonistas da sesión. Para iso o/a profesor/a poderá formular preguntas ou dicir palabras a modo de exemplo, buscando a reflexión e análise crítica dos alumnos e alumnas.  As dúbidas/palabras deben ser clasificadas e ordenadas por temáticas (que o/a docente pode escoller) para ser resoltas con posterioridade, tanto na propia aula, como a nivel individual como tarefa para desenvolver fóra do centro.
 A reflexión do alumnado pode guiarse co material que se presenta como referencias bibliográficas e recursos de interese (visionar e ler previamente á posta en marcha da ficha para poder guiar o traballo na aula).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.