Parece que a palabra provén do francés «décalcomanie».
A decalcomanía asóciase á corrente do surrealismo. De feito, moitos surrealistas como Óscar Domínguez, Max Ernst, Hans Bellmer ou Remedios Varo traballaron con esta técnicaEsta técnica non consiste precisamente en copiar un debuxo doutro, máis ben é unha transferencia dunha imaxe para crear unha obra na que ver onde outro non ve, ou ben, ve outras cousas.
No mes de novembro conmemórase o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo. A desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo. Acabar con ela require esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas conlevan.
Ao longo do curso lévanse a cabo numerosas iniciativas para sensibilizar aos noso alumnado ante a violencia de xénero, como xeito de empoderación das nosas alumnas.
Eiquí podedes ver algúns dos nosos traballos nos que traballamos co motivo do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.