ART 3º ESO

lunes, 11 de diciembre de 2023

Cartografías do self . 25 N Trabajando con la Decalcomania

Parece que a palabra provén do francés «décalcomanie».

A decalcomanía asóciase á corrente do surrealismo. De feito, moitos surrealistas como Óscar Domínguez, Max Ernst, Hans Bellmer ou Remedios Varo traballaron con esta técnica

 Esta técnica non consiste precisamente en copiar un debuxo doutro, máis ben  é unha transferencia dunha imaxe para crear unha obra na que  ver onde outro non ve, ou ben, ve outras cousas.
 

No mes de novembro conmemórase o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Na actualidade, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas, persistentes e devastadoras do mundo. A desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo. Acabar con ela require esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas conlevan. 

Ao longo do curso  lévanse a cabo numerosas iniciativas para sensibilizar aos noso alumnado  ante a violencia de xénero, como xeito de empoderación das nosas alumnas.

Eiquí podedes ver algúns dos nosos traballos  nos que traballamos co motivo  do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres