En setembro haberá un exame Teórico-práctico, parecido aos que fixemos durante o curso. Non haberá entrega de traballos ainda que os recomendo que os fagades para repasar.
Tedes que levar todos os materiais necesarios para facelo ( os que usamos na clase)
Moito ánimo....sei que podedes facelo! ... e vos tamén!
Guía por temas para a preparación ao exame de setembro. Non haberá entrega de traballos.
ESTANDARES
DE APRENDIZAXE
|
GRADO
MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA
|
DA1.B1.1.1.
Valora e coñece a importancia do debuxo artístico, as súas
aplicacións e as súas manifestacións a través da historia e na
actualidade, co estudo e a observación de obras e artistas
significativos/as.
| Escritos de análise de obras e artistas mais significativos. |
DA1.B1.1.2.
Selecciona, relaciona e emprega con criterio a terminoloxía
específica, de forma oral e escrita, en postas en común ou
probas individuais, aplicada a producións propias ou alleas.
| Utiliza con criterio a terminoloxía específica, de forma escrita. |
DA1.B1.2.1.
Utiliza con propiedade os materiais e os procedementos máis
idóneos para representar e expresarse en relación ás linguaxes
gráficas, adecuándoos ao obxectivo plástico desexado.
| Realiza técnicas gráfico-plásticas secas, húmidas e mixtas. Témpera, lápis de grafito, lápis de cores; colaxe, carbonciños e técnicas mixtas adecuándoas o obxectivo plástico desexado. |
DA1.B2.1.1.
Utiliza a liña na descrición gráfica de obxectos expresando
volume, movemento, espazo e sensacións subxectivas.
| Realiza obras gráfico-plásticas expresando volume, movemento, espazo e sensacións subxectivas. |
DA1.B2.1.2.
Representa formas naturais e artificiais, de maneira analítica ou
expresiva, atendendo á comprensión da súa estrutura interna.
| Realiza obras gráfico-plásticas de maneira analítica ou expresiva, atendendo á comprensión da súa estrutura interna. |
DA1.B2.2.1.
Comprende e representa as formas desde distintos puntos de vista.
| Realiza obras gráfico-plásticas de obxectos desde distintos puntos de vista |
DA1.B2.2.2.
Describe graficamente as formas atendendo ás súas proporcións,
relacionándoas con formas xeométricas simples.
| Realiza obras gráfico-plásticas formas atendendo ás súas proporcións, relacionándoas con formas xeométricas simples. |
DA1.B3.1.1.
Selecciona os elementos gráficos esenciais para a representación
da realidade observada segundo a función que se persiga
(analítica ou subxectiva) e o seu grao de iconicidade.
| Describe, analiza e interpreta unha imaxe dada, distinguindo a súa función analítica ou suxectiva e o seu grao de iconicidade. |
DA1.B3.2.1.
Relaciona e representa as formas no plano atendendo ás leis
visuais asociativas, ás organizacións compositivas, ao
equilibrio e ás direccións visuais en composicións cunha
finalidade expresiva, analítica ou descritiva.
| Realiza obras gráfico plásticas representando as formas no plano atendendo ás leis visuais asociativas, ás organizacións compositivas, ao equilibrio e ás direccións visuais en composicións cunha finalidade expresiva, analítica ou descritiva. |
DA1.B4.1.1.
Representa o volume, o espazo e a textura aplicando técnicas
gráfico-plásticas mediante valores lumínicos.
| Realiza obras gráfico plásticas representando o volume, o espazo e a textura aplicando distintas técnicas gráfico-plásticas mediante valores lumínicos. |
DA1.B4.2.1.
Coñece o valor expresivo e configurador da luz, en valores tanto
acromáticos como cromáticos, e explicar verbalmente eses valores
en obras propias e alleas.
| Escritos e presentación oral de análise do valor expresivo da luz. |
DA1.B5.1.1.
Aplica a cor seguindo as dimensións desta (valor-luminosidade,
saturación-intensidade e croma-ton) na representación de
composicións e formas naturais e artificiais.
| Realiza obras gráfico-plásticas aplicando a cor seguindo as dimensións desta (valor-luminosidade, saturación-intensidade e croma-ton) |
DA1.B5.1.2.
Demostra o coñecemento, con explicacións orais, escritas e
gráficas, dos fundamentos teóricos da cor en composicións e
estudos cromáticos.
| Escritos e presentación oral de análise do valor expresivo da cor. |
DA1.B5.1.3.
Aplica de maneira expresiva a cor na obra plástica persoal.
| Realiza obras gráfico-plásticas aplicando de maneira expresiva a cor na obra plástica persoal. |
DA1.5.1.4
Analiza o uso da cor observando as producións artísticas de
referencia en todas as súas manifestacións.
| Realiza o análise da cor en obras artísticas de referencia |
DA1.B5.1.5.
Representa os matices cromáticos, a partir de observación do
natural, mediante a mestura de cores primarias.
| Realiza obras gráfico–plásticas a partir de observación do natural, mediante a mestura de cores primarias. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.