En setembro haberá un exame Teórico-práctico, parecido aos que fixemos durante o curso. Non haberá entrega de traballos ainda que os recomendo que os fagades para repasar.
Tedes que levar todos os materiais necesarios para facelo ( os que usamos na clase)
Moito ánimo....sei que podedes facelo! ... e vos tamén!
Guía por temas para a preparación ao exame de setembro. Non haberá entrega de traballos.
| 
ESTANDARES
   DE APRENDIZAXE | 
GRADO
   MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA | 
| 
DA1.B1.1.1.
   Valora e coñece a importancia do debuxo artístico, as súas
   aplicacións e as súas manifestacións a través da historia e na
   actualidade, co estudo e a observación de obras e artistas
   significativos/as. | Escritos de análise de obras e artistas mais significativos. | 
| 
DA1.B1.1.2.
   Selecciona, relaciona e emprega con criterio a terminoloxía
   específica, de forma oral e escrita, en postas en común ou
   probas individuais, aplicada a producións propias ou alleas. | Utiliza con criterio a terminoloxía específica, de forma escrita. | 
| 
DA1.B1.2.1.
   Utiliza con propiedade os materiais e os procedementos máis
   idóneos para representar e expresarse en relación ás linguaxes
   gráficas, adecuándoos ao obxectivo plástico desexado. | Realiza técnicas gráfico-plásticas secas, húmidas e mixtas. Témpera, lápis de grafito, lápis de cores; colaxe, carbonciños e técnicas mixtas adecuándoas o obxectivo plástico desexado. | 
| 
DA1.B2.1.1.
   Utiliza a liña na descrición gráfica de obxectos expresando
   volume, movemento, espazo e sensacións subxectivas. | Realiza obras gráfico-plásticas expresando volume, movemento, espazo e sensacións subxectivas. | 
| 
DA1.B2.1.2.
   Representa formas naturais e artificiais, de maneira analítica ou
   expresiva, atendendo á comprensión da súa estrutura interna. | Realiza obras gráfico-plásticas de maneira analítica ou expresiva, atendendo á comprensión da súa estrutura interna. | 
| 
DA1.B2.2.1.
   Comprende e representa as formas desde distintos puntos de vista. | Realiza obras gráfico-plásticas de obxectos desde distintos puntos de vista | 
| 
DA1.B2.2.2.
   Describe graficamente as formas atendendo ás súas proporcións,
   relacionándoas con formas xeométricas simples. | Realiza obras gráfico-plásticas formas atendendo ás súas proporcións, relacionándoas con formas xeométricas simples. | 
| 
DA1.B3.1.1.
   Selecciona os elementos gráficos esenciais para a representación
   da realidade observada segundo a función que se persiga
   (analítica ou subxectiva) e o seu grao de iconicidade. | Describe, analiza e interpreta unha imaxe dada, distinguindo a súa función analítica ou suxectiva e o seu grao de iconicidade. | 
| 
DA1.B3.2.1.
   Relaciona e representa as formas no plano atendendo ás leis
   visuais asociativas, ás organizacións compositivas, ao
   equilibrio e ás direccións visuais en composicións cunha
   finalidade expresiva, analítica ou descritiva. | Realiza obras gráfico plásticas representando as formas no plano atendendo ás leis visuais asociativas, ás organizacións compositivas, ao equilibrio e ás direccións visuais en composicións cunha finalidade expresiva, analítica ou descritiva. | 
| 
DA1.B4.1.1.
   Representa o volume, o espazo e a textura aplicando técnicas
   gráfico-plásticas mediante valores lumínicos. | Realiza obras gráfico plásticas representando o volume, o espazo e a textura aplicando distintas técnicas gráfico-plásticas mediante valores lumínicos. | 
| 
DA1.B4.2.1.
   Coñece o valor expresivo e configurador da luz, en valores tanto
   acromáticos como cromáticos, e explicar verbalmente eses valores
   en obras propias e alleas. | Escritos e presentación oral de análise do valor expresivo da luz. | 
| 
DA1.B5.1.1.
   Aplica a cor seguindo as dimensións desta (valor-luminosidade,
   saturación-intensidade e croma-ton) na representación de
   composicións e formas naturais e artificiais. | Realiza obras gráfico-plásticas aplicando a cor seguindo as dimensións desta (valor-luminosidade, saturación-intensidade e croma-ton) | 
| 
DA1.B5.1.2.
   Demostra o coñecemento, con explicacións orais, escritas e
   gráficas, dos fundamentos teóricos da cor en composicións e
   estudos cromáticos. | Escritos e presentación oral de análise do valor expresivo da cor. | 
| 
DA1.B5.1.3.
   Aplica de maneira expresiva a cor na obra plástica persoal. | Realiza obras gráfico-plásticas aplicando de maneira expresiva a cor na obra plástica persoal. | 
| 
DA1.5.1.4
    Analiza o uso da cor observando as producións artísticas de
   referencia en todas as súas manifestacións. 
    | Realiza o análise da cor en obras artísticas de referencia | 
| 
DA1.B5.1.5.
   Representa os matices cromáticos, a partir de observación do
   natural, mediante a mestura de cores primarias. 
    | Realiza obras gráfico–plásticas a partir de observación do natural, mediante a mestura de cores primarias. | 


 
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.