CONCURSO DE VIÑETAS 2021: "MOITO POR CAMBIAR" O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para que o alumnado reflexione sobre os efectos e impactos da COVID-19 no conxunto da sociedade, especialmente no relativo a sustentabilidade da vida que reclama novas demandas sociais e cambia as prioridades, e cómo éstas inflúen de forma desigual na vida das mulleres. FORMATO:
A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4. A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío condutor. Poderá empregarse a técnica libre. A execución do traballo poderá ser manual ou dixital. A obra presentarase en soporte físico de papel. A obra non poderá ir asinada co nome. O idioma empregado será o galego.
TEMÁTICA:
O factor multiplicador da COVID-19 na precariedade laboral, feminización da pobreza, das necesidades de coidados ao longo da vida, dos efectos negativos sobre a saúde física e o benestar emocional, das violencias machistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.