viernes, 26 de marzo de 2021

CONCURSO DE VIÑETAS 2021: "MOITO POR CAMBIAR"


 

CONCURSO DE VIÑETAS 2021: "MOITO POR CAMBIAR"
O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para que o alumnado reflexione sobre os efectos e impactos da COVID-19 no conxunto da sociedade, especialmente no relativo a sustentabilidade da vida que reclama novas demandas sociais e cambia as prioridades, e cómo éstas inflúen de forma desigual na vida das mulleres.


FORMATO:

 A viñeta poderá presentarse en formato, como mínimo DIN A5 e como máximo en DIN A4. A historia poderá estar composta por unha viñeta ou por un máximo de seis viñetas cun fío condutor. Poderá empregarse a técnica libre. A execución do traballo poderá ser manual ou dixital. A obra presentarase en soporte físico de papel. A obra non poderá ir asinada co nome. O idioma empregado será o galego.

TEMÁTICA:

O factor multiplicador da COVID-19 na precariedade laboral, feminización da pobreza, das necesidades de coidados ao longo da vida, dos efectos negativos sobre a saúde física e o benestar emocional, das violencias machistas.


Máis información en  https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/concurso-vinetas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.