Mostrando entradas con la etiqueta lenguaje visual. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lenguaje visual. Mostrar todas las entradas

martes, 7 de febrero de 2017

Publicidad Machista / Actividade pola Igualdade de Xénero e Coeducación

Fai un comentario  a esta entrada , analizando un dos anuncios. Usa os criterios explicados na aula.

publicidad machista

Os estereotipos de xénero comezan a aflorar moi cedo na vida das persoas, arredor dos  5 anos de idade, os rapaces e rapazas aínda non parecen deixarse influenciar polos roles de xénero. A partir do sexto ano de vida esto cambia.

Isto amosa a importancia que ten a cultura e a educación que recibimos nos primeiros anos de vida na conformación dos prexuízos asociados aos diferentes roles que mulleres e homes teñen na sociedade. Son produto de construcións sociais e culturais nun contorno patriarcal.  A maioría de nos somos inconscientes do interiorizado que temos eses estereotipos e de como acaban por condicionar as nosas vidas e mesmo poden derivar en violencias que impidan que nos desenvolvamos claramente como persoas. Por isto todos  e todas debemos intentar modificar os  patróns de comportamento, sendo conscientes destes estereotipos para garantir a todo o noso alumando as mesmas oportunidades e os mesmos dereitos na sociedade.

elpais/mujeres/los goya

A violencia contras as mulleres maniféstase de formas distintas segundo as culturas e os momentos sociopolíticos, pero é algo que ocorre todos os días, porque todos os días se abusa, se humilla, se agride, se viola, se explota e se matan mulleres; e, porén, esta violencia estivo invisibilizada e negada como problema social ata hai unhas décadas.
As características básicas da violencia de xénero son as seguintes:
-Está fundada nunha desigualdade entre homes e mulleres derivada dun
código patriarcal.
-É unha forma de violencia dunha elevada invisibilidade social.
-Emprégase como un mecanismo de control e castigo sobre a muller.
-Xera sentimento de culpa en quen a sofre.
-Xera unha relación na que tanto agresor como vítima quedan atrapados: o
poder, dun lado e o medo e a submisión, doutro.
 
As condicións que se deben cumprir para ser considerada violencia de xénero
son:
O AGRESOR: sempre é un home.
A VÍTIMA: sempre é unha muller.
A CAUSA: as relaciones de poder entre os sexos pola socialización
(dominación do home e
submisión da muller).
O OBXECTIVO: o control e odominio das mulleres

A continuación, unha curtametraxe Subir y bajar , que reflicte a terrible situación de chantaxe emocional e presión psicolóxica que sofre unha muller cando o seu maltratador (ao que deixou) chama ao portal da súa casa.
Os efectos da violencia psicolóxica, a dependencia emocional ... son demoledores para a muller vítima. Aínda que neste caso todo apunta a que xa se interpuxo denuncia, e mesmo parece que hai orde de afastamento, podemos imaxinarnos que vai ocorrer cando suba, non? Aínda despois das denuncias, cantas mulleres seguen sendo maltratadas (e mesmo asasinadas...

Aquí tedes unha ligazón ao discurso que Emma Watson pronunciou na sede central da Organización
de Nacións Unidas en Nova York no marco da campaña HeForShe (“Eles por elas”).



"> Actividad pola Igualdade de Xénero e Coeducación

viernes, 26 de febrero de 2016

A mochila viaxeira...colaborando co equipo da Biblioteca

En colaboración coa Biblioteca os alumnos de 1º da ESO realizaron a imaxe da Mochila Viaxeira.
Este deseño realizado por Sabela foi seleccionado para este curso.
 Felicitacións a todos/as os participantes nesta actividade. 
O lema seleccionado de Patricia foi : Viaxando e lendo no mesmo momento