1. Que é o Ciberacoso,
e en que formas se manifesta
A presencia da internet no mundo escolar, relacionada co aumento do uso das novas tecnoloxías
da comunicación, é imparable, o mesmo que noutros moitos campos. As vantaxes
destes medios son evidentes, pero tamén poden presentar inconvenientes, e no
caso que nos ocupa, certos riscos.
O Ciberacoso ou
Ciberbullying é o uso das redes sociais, correo electrónico, blogs e outros
ámbitos da internet en perxuízo dunha ou máis persoas, ou da súa imaxe
pública. Se comparamos isto con casos típicos de acoso escolar veremos que,
por unha parte, o ciberacoso non supón agresións físicas, pero por outra ten
moito máis alcance tanto na difusión espacial como na temporal, cunha
continuidade que pode ser permanente, e non limitada ao horario escolar.
Para combatir este
fenómeno e conseguir como docentes que as novas tecnoloxías sexan sempre unha
fonte de experiencias positivas para o noso alumnado, debemos coñecer a
tipoloxía dos perigos que conleva a rede, a sintomatoloxía que nos axudará a
detectar os problemas, as boas prácticas que axudan a previr estas situacións
e a maneira de buscar solucións.
Normalmente
distínguense tres tipos de perigos aos que están expostas as persoas con
internet: perigos persoais, acceso a contidos inapropriados e adicción. O
ciberacoso entra no primeiro tipo. As súas formas habituais son:
- Ameazas e intimidación
- Seguemento persistente
- Humillacións, insultos e difamacións
- Exclusión, boicot
- Roubo da identidade e suplantación
- Difusión de datos e imaxes persoais
- Manipulación
|
2. Medidas preventivas e boas prácticas
Sempre é mellor previr que remediar. Como docentes, debemos estar atentos
á maneira en como utilizamos e utilizan os alumnos os medios informáticos, e
ter claro como obrar nós mesmos, como guiar ao alumnado e como aconsellar ás
familias. Diferenciamos polo tanto as boas prácticas para o profesorado e
centro docente, para o alumnado e para os pais.
Profesorado e centro:
- Coñecer o funcionamento da web, en especial as
redes sociais, para dominar o medio e poder aconsellar a alumnos e
familiares.
- Aplicar medidas de seguridade nos equipos
informáticos escolares (controlar o software instalado, as contas de
usuario, o almacenamento de documentos, quen utiliza os equipos en cada
hora, etc.)
- Establecer normas de uso dos equipos na aula
(definir que poden e que non poden facer os alumnos, como deben
organizar o seu material, respetar o material doutros alumnos, onde
poden ou non poden acceder, etc.)
- Sistemas de control e filtrado (facer revisións
periódicas, monitorizar os equipos dos alumnos mentras traballan –co seu
coñecemento-, filtrar e bloquear páxinas, contidos ou programas non
desexados, etc.)
- Uso didáctico e controlado das redes en sentido
positivo, como actividade, incluíndo as boas prácticas, a seguridade e a
prevención como contidos.
- Detección de problemas: documentarse sobre a
sintomatoloxía dos problemas e estar atento a calquera indicio de
ciberacoso ou malas prácticas.
Evidentemente, en aulas que son
utilizadas por varios grupos de alumnos, debe haber unha boa
coordinación entre o profesorado en canto a normas e medidas.
|
2. Medidas preventivas e boas prácticas
Alumnado:
- Aconsellar que controlen a súa identificación e a
circulación dos seus datos persoais (alias, ingreso en grupos, etc).
Resulta o máis importante como prevención. En concreto, algunhas
recomendacións habituais son:
- Non crear contas en foros e
redes sociais cos datos persoais, senón utilizando alias. Comunicar a
propia identidade de forma privada só a aqueles outros membros cos que
hai confianza e interesa que nos identifiquen.
- Non establecer citas u otras
actividades presenciais con persoas que non coñecesen antes
persoalmente, isto é, fóra da rede.
- Non comunicar o domicilio,
datos de contacto, datos bancarios, etc. Nin tampouco datos persoais de
terceiras persoas.
- Sondear periódicamente a rede
mediante un buscador, para saber se os seus datos persoais ou imaxes
figuran nalgunha web.
- Consellos para non acosar:
aproveitar o noso papel como docentes para conciencialos de que a web
non é o lugar apropiado para resolver diferencias con outras persoas, e
que a emisión de mensaxes hostís remata sendo perxudicial para todos.
Promover o respeto e a prudencia.
- Consellos para non ser acosado: ser
prudente e respetuoso ao empregar a web para comunicarse cos demáis.
Moitas veces os conflitos comezan por malentendidos ou comentarios
inoportunos. Non expoñerse excesivamente aos comentarios dos demáis
contando cousas persoais. Pedir axuda inmediatamente a familiares e
profesores ante as primeiras evidencias de acoso.
- Consellos para non tolerar o acoso:
mentalizarse de que o acoso é un problema de todos, e non admitir que
outros teñan actitudes negativas ou exercan presión sobre terceiras
persoas. Mostrarse conciliador e denunciar sen demora calquera caso de
acoso do que se teña coñecemento.
|
2. Medidas preventivas e boas prácticas
Pais e familiares:
- Adecuar as medidas de seguridade e control á
vulnerabilidade dos fillos, dándolles máis autonomía a cambio de responsabilidade
segundo se fagan máis maduros.
- Aceitar a internet como un instrumento, que pode
resultar beneficioso se se utiliza ben. Non botarlle a culpa de todos os
males ante calquera desacordo cos fillos.
- Tratar de non exercer de policías, senón de conseguir
que os fillos acepten como natural certo grao de control. O mellor é que
acorden conxuntamente unha serie de condicións para o uso da web
(horario, tipo de contidos), tanto mediante os ordenadores como os
móbiles.
- Se fose posible, promover que o alumno non manexe
o ordenador pechado na súa habitación, senón en presencia doutros
familiares. Evitar forzalo a que nos permita ver a pantalla, é moito
máis efectivo ter confianza para preguntarlle con quen se comunica e que
nos conte de forma natural que é o que fai na rede. O ideal é darlle
apoio, implicarse nos seus proxectos, ou mesmo facerse membro das mesmas
redes sociais.
- Estar atentos a calquera síntoma de desacougo,
cambios de humor repentinos, etc, sobre todo se coinciden cos accesos á
web.
- Sondear periódicamente a rede mediante un
buscador, para detectar imaxes, datos persoais ou comunicacións dos
fillos.
Resulta moi beneficioso manter un contacto profesorado-familia, para
comunicarse calquera síntoma de acoso que se detecte, e tomar medidas canto antes.
|
3. Referencias legais
e enlaces de interese
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.