De onde vén o costume de que os nenos vistan de azul e as nenas de rosa?
Vén de principios do século XX, de Estados Unidos, que foi cando comezou a moda de usar tons pasteis para vestir aos nenos (ata ese momento adoitaban ir de branco). O curioso é que nos anos 20 usábase con máis frecuencia o rosa para os nenos (por ser unha cor “máis decidida e forte”) e o azul celeste para as nenas (considerado “máis delicado e refinado”). Aínda que eran os grandes almacéns os que decidían que cor asignar a uns e outros. Cuestión de marketing… O importante era vender, igual que hoxe en día. A concepción actual, rosa para nenas e azul para nenos, xeneralizouse nos anos 40, aínda que en España non foi ata os 80. Podemos comprobalo mirando as fotos da infancia das nosas nais e pais, avós e avoas… É moi probable que aparezan vestidos de branco sen distinción: unha cor moito máis doada de lavar con frecuencia sen risco de perder a tintura.
Texto e imaxes sacadas de http://corunamagazine.com/torres-jack-desigualdade-estereotipos/ .
Texto escrito por Ana Torres Jack. Botarlle unha ollada!
Bótalle unha ollada a esto....https://www.youtube.com/watch?v=7hBX7YUAx2I
Qué che parece isto?
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.