Mirade como este artista plástico homenaxea as nosas aboas
Joseba Muruzábal homenajea a las supermujeres del entorno rural de Galicia
Joseba M. galicia-rural
Joseba Muruzábal homenajea a las supermujeres del entorno rural de Galicia
Joseba M. galicia-rural
E que imos a facer nós?
P1. Consiste en recuperar fotos antigas que posúen as familias, nas que aparezan as aboas, dixitalizalas e redactar un texto relacionado coa imaxe.
Falando coa familia, e pedindo permiso, búscanse fotografías antigas ( anterior 1970) nas que podamos coñecer aspectos do patrimonio cultural que se encontra documentado nas fotografías familiares. Con estas imaxes accédese a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas polas novas xeracións.
O patrimonio inmaterial é constituído principalmente por coñecementos, técnicas, formas de organización ou de expresión colectiva xunto coas manifestacións festivas e familiares. Está localizado nas prácticas da vida cotiá que son realizadas polo membros da sociedade e que teñen nas familias os núcleos básicos. A cultura inmaterial é aquela que é vivenciada polas persoas portadoras e, como tal, está documentada desde os inicios da fotografía.
As imaxes dos álbums familiares conteñen moitas destas manifestacións e vivencias que poden ser descoñecidas polo alumnado . Precísase que a xente máis nova coñeza o seu pasado recente e que sexa quen de interpretalo. Neste labor de transmisión e vivencia das imaxes é necesaria a implicación da familia para axudar a comprender os contextos onde se produciron as expresións culturais documentadas e a partires de ahí o alumnado entenda e exprique a imaxe nun breve texto ( extensión máxima 250 verbas).
P2 .As mulleres da nosa vida... descubrindo a importancia do traballo das mulleres na nosa sociedade a través da arte galega.
Consiste en buscar obras de artistas plásticos galegos que representen o papel da túa aboa na sociedade.
Buscaremos unha obra, faremos a ficha técnica e unha breve expricación sobre o taballo que realizaba. Unha vez feito faremos un mural dixital ( Padlet) con todos os cadros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.