lunes, 8 de noviembre de 2021

Not speaking ill of anyone is the best way to speak well of yourself


 

Contra el acoso escolar

 Las niñas y niños deben vivir su etapa educativa sin sufrir acoso de quienes utilizan el aspecto físico, la orientación sexual o la raza como excusa para ello. El bullying es una forma de violencia. Parémoslo, ACTÚA   #ActúaContraElAcoso

Definición de acoso escolar RAE  https://dpej.rae.es/lema/acoso-escolar

acoso escolar


Adm. y Pen. Comportamiento contrario a la identidad del alumno en relación con su raza, color, nacionalidad, minusvalía, religión, orientación sexual o cualquier otra circunstancia.
LOE, art. 1.k) y disp. adic. vigesimoprimeraLey Orgánica 1/1996, de 15 de enero, de Protección Jurídica del Menor, arts. 9 quater y 11.



miércoles, 15 de septiembre de 2021

Materiais curso 23-24

 TEDES TODO NA VOSA AULA VIRTUAL. ESTO É A MODO DE INFO XERAL

Se alguén ten problema cos materiais ( xa sexan económicos ou de calquera tipo) poñeros en contacto co  profesorado.

Bienvenidos, ven chegados  , wellcome...a todos, todas  e todes 
Este novo curso estará cheo de novidades e espero que empecedes con ilusión e ganas


MATERIAIS E RECURSOS  para todas e todos. Se tedes cousas na casa traédelas e as vemos. Intentade reutilizar e aproveitar materiais de outros cursos.



1ºESO
    Cartafol de papel ou cartulina para meter o vosos traballos.
    Recomendo ter unha caixa ( tipo zapatos) para ter todo os materiais 
    Escuadra
    Cartabón
    Regra MINIMO 3OCM
    Compás
    Lapis de cores acuarelables
    Témperas (branco, amarelo, maxenta, cián) en tubo
    Goma e sacapuntas
    3 pinceis (0, 08,12)
    Lapis 2H
    Lapis 2B
    Trapo limpo ( que teñades na casa, podedes  reutilizar unha camiseta vella)
    Recipiente pequeno para o auga de plástico(2 unidades)
    Paleta (de plástico )
    Tesoiras
    Rotuladores
    Bata de traballo ( opcional, pode ser unha camiseta ou camisa vella)
    Periódicos e revistas
    Memoria extraíble
    Caderno de debuxo con márxenes


    4ºESO
      -Cartafol de papel ou cartulina para meter o vosos traballos.
      Recomendo ter unha caixa ( tipo zapatos) para ter todo os materiais 
      Escuadra
      Cartabón
      Regra MINIMO 3OCM
      Compás
      Lapis de cores acuarelables
      Témperas (branco, amarelo, maxenta, cián) en tubo
      Acuarelas (amarelo, maxenta, cián) en tubo
      Goma e sacapuntas
      3 pinceis (0, 08,12)
      Lapis 3H
      Lapis 2B
      Trapo limpo ( que teñades na casa, podedes  reutilizar unha camiseta vella)
      Recipiente pequeno para o auga de plástico(2 unidades)
      Paleta (de plástico )
      Tesoiras
      Rotuladores
      Bata de traballo ( opcional, pode ser unha camiseta ou camisa vella)
      Periódicos e revistas
      Memoria extraíble
      Caderno de debuxo con márxenes


      Ademáis do anterior o alumnado de Debuxo Artístico necesitará 
      Carpeta de 50x70 cm.
      Lapis brandos
      Grafitos
      Carbonciños
      Gomas brandas y moldeables
      Cortatramas
      Plumiñas e palilleiro
      Tinteiro con tinta negra
      Papel para acuarela y técnicas húmidas
      Papel debuxo
      Fixador para carbón 
       Paletina 


      O alumnado de Debuxo técnico
      Escuadra
      Cartabón
      Regra MINIMO 4OCM
      Compás
      Goma e sacapuntas
      Lapis 3H


      Os alumnos/as, deberán facerse con su propio material para que a posta en práctica da programación sexa óptima. De tódolos xeitos, o departamento facilitará no posible algúns deles.


      Art3º ESO

      Materials

      Folder of paper or cardboard (to put your work)
      I recommend having a box (shoe type) to have all the materials in the classroom

      Measuring tools (Ruler) about 3Ocm
      Drawing tools (Set square, )

      • Remember "square": right angled isosceles triangle 45º-45º-90º
      • Remember "right" angled scalene triangle 30º-60º-90º




      Compass
      Watercolor colored pencils
      Tempera or gouache painting (white, yellow, magenta, cyan) in tube




      Rubber and sharpener
      3 art brushes (small , medium , big) Please...to work with water

      Graphite pencil 2H
      Graphite pencil 2B
      Clean cloth (you have at home, you can reuse an old t-shirt)
      Small plastic water container (2 units)
      Pallet (plastic)

      Scissors
      Markers

      Work coat (optional, may be an old shirt or shirt)
      Newspapers and magazines
      Removable memory
      Drawing notebook with margins

      Students must have their own material for the implementation of the programming. They will be able to share the watercolor pencils, markers, watercolors and gouache. In any case, the department will facilitate some of them. If you have any problems with the materials, do not hesitate to comment to the teacher.




      domingo, 27 de junio de 2021

      Setembro 2021 4ºESO






      4º ESO
      O grado mínimo para superar a materia será a comprobación de que se adquiriran os contidos da mesma a través dun examen en setembro. Subirán as datas a páxina web do instituto http://www.edu.xunta.gal/centros/ieseusebioguarda/ . O alumnado deberá presentarse ao examen con todos os materiais necesarios para a súa realización. Se tedes algunha pregunta tedes o meu e-correo ou a través da Aula virtual.

       Ánimo podes facerlo.... e o sabes

      L1 Imagotipo logotipo, isólogo.
      EPVAB3.1.1. Coñece os elementos e as finalidades da comunicación visual.
      L2 Cartaz publicitario .
      EPVAB3.3.2. Coñece e planifica as fases de
      realización da imaxe corporativa dunha empresa.
      L3 Análise de formas. Técnica seca: Debuxo grafito
      EPVAB3.1.2. Observa e analiza os obxectos do contorno na súa vertente estética, de funcionalidade e de utilidade, utilizando a linguaxe visual e verbal.
      L4 Análise de obras
      EPVAB1.5.1. Explica, empregando unha linguaxe axeitada, o proceso de creación dunha obra artística, e analiza os soportes, os materiais e as técnicas gráfico-plásticas que constitúen a imaxe, así como os seus elementos compositivos.
      EPVAB1.5.2. Analiza e le imaxes de obras de arte e sitúaas no período ao que pertencen.
      L5 Análise de formas. Técnica seca: Debuxo grafito
      EPVAB3.1.2. Observa e analiza os obxectos do contorno na súa vertente estética, de funcionalidade e de utilidade, utilizando a linguaxe visual e verbal.
      EPVAB1.2.1. Aplica as leis de composición, creando esquemas de movementos e ritmos, empregando os materiais e as técnicas con precisión.
      L6 Análise de formas. Técnica seca :Dibujo grafito
      L7 Análise de formas. Técnica húmeda :Tinta
      L8 A cor
      EPVAB1.1.1. Realiza composicións artísticas seleccionando e utilizando os elementos da linguaxe plástica e visual.
      EPVAB1.2.3. Cambia o significado dunha imaxe por medio da cor.

      L9 Fotos
      EPVAB1.4.1. Entende o proceso de creación artística e as súas fases, e aplícao á produción de proxectos persoais e de grupo.
      EPVAB4.1.1. Analiza os tipos de plano que aparecen en películas cinematográficas, valorando os seus factores expresivos expresivos.EPVAB4.1.2. Realiza un storyboard a modo de
      guión para a secuencia dunha película.EPVAB4.2.1. Ve películas cinematográficas nas que identifica e analiza os planos, as angulacións e os movementos de cámara.
      L10 Película e moviemaker
      L11Polígonos
      EPVAB1.2.1. Aplica as leis de composición, creando esquemas de movementos e ritmos, empregando os materiais e as técnicas con precisión.
      L12 Polígonos
      EPVAB2.1.4. Resolve e analiza problemas de configuración de formas xeométricas planas e aplícao á creación de deseños persoais.
      L13Deseños modulares bidimensionales
      EPVAB3.3.1. Realiza distintos tipos de deseño e
      composicións modulares utilizando as formas xeométricas básicas, estudando a organización do plano e do espazo.
      L14 Tanxencias
      EPVAB2.1.3. Resolve problemas básicos de tanxencias e enlaces.
      L15 Tanxencias

      L16 Vistas diédricas, nivel elemental
      EPVAB2.2.1. Visualiza formas tridimensionais definidas polas súas vistas principais.
      L17 Axonometría: Isometría e P. caballera
      EPVAB2.2.3. Debuxa perspectivas de formas tridimensionais, utilizando e seleccionando o sistema de representación máis axeitado.
      L18 Vistas diédricas , nivel intermedio
      EPVAB2.2.2. Debuxa as vistas (alzado, planta e perfil) de figuras tridimensionais sinxelas.
      L19 Vistas diédricas
      L20 Cónico Frontal
      EPVAB2.2.4. Realiza perspectivas cónicas frontais e oblicuas, elixindo o punto de vista máis adecuado.
      L21 Cónico Oblicuo

      EPVAB3.3.3. Realiza composicións creativas e
      funcionais adaptándoas ás áreas do deseño, valo-
      rando o traballo organizado e secuenciado na realización de calquera proxecto, así como a exactitude, a orde e a limpeza nas representacións gráficas.

      Setembro 2021 ART 3rd ESO

      3º ESO
      Lembrade...

      • En setembro haberá un exame Teórico-práctico, parecido aos que fixemos durante o curso. 
      • Non haberá entrega de traballos ainda que os recomendo que fagades os exercicios para repasar. 
      • Tedes na Aula virtual as leccións  ( ao final desta entrada os deixo tamén  algúns  links)
      • Tedes que levar ao exame  todos os materiais necesarios para facelo , os que usamos na clase ( menos os pinceis, temperas e tubos de acuarelas)
      Moito ánimo....sei que podedes facelo! ... e vos tamén!
      Guía por temas para a preparación ao exame de setembro. Non haberá entrega de traballos.

      1. Contidos
      O linguaxe visual e plástico
      2. Exercicios para repasar
      3. Criterios de avaliación
      O linguaxe e a comunicación visual.
      Finalidade e función das imaxes: informativa, expresiva, estética e representativa.
      Signos e símbolos na comunicación visual: marca, sinais, símbolos e iconas.
      Medios de comunicación mediante imaxes fixas: pintura, escultura, arquitectura, prensa, cómic, deseño e novas tecnoloxías.
      Medios de comunicación mediante imaxes en movemento: cine, televisión e vídeo.
      L1: Identificación do linguaxe visual e plástico nos medios de comunicación con imaxes fixas. Recorta de revistas e pega nunca lámina catro tipos distintos de imaxes fixas.
      L2: Análises dos medios de comunicación que utilizan imaxes en movemento. Recorta de revistas e pega nunca lámina catro tipos distintos de imaxes en movemento.
      L3: Realización de signos e símbolos para expresar ideas ou obxectos previamente convindos/convidos. Realiza un imagotipo e logotipo
      L4: Utilización e experimentación de recursos informáticos para a procura e creación de imaxes plásticas. Estudo e experimentación a través dos procesos, técnicas e procedementos propios da fotografía, para producir mensaxes visuais. Creación cun programa informático dun corto.
      L5: A linguaxe do cómic. Creación do guión dun cómic. Realización do cómic sobre un tema dado
      Coñecer as funcións e as características dos medios de comunicación que utilizan imaxes estáticas e en movemento.
      Utilizar apropiadamente os elementos básicos que compoñen o linguaxe da pintura, escultura e arquitectura para realizar unha lectura organizada e comprensiva de estes tipos de manifestacións plásticas.
      Coñecer e utilizar os recursos informáticos e novas tecnoloxías para manipular imaxes fotográficas, realizar deseños gráficos e aplicar ó debuxo técnico.
      Utilizar a sintaxes propia das formas visuais do deseño para realizar proxectos concretos.
      Elaborar obras multimedia e producións ideográficas sinxelas utilizando técnicas adecuadas ó medio.
      Realizar un cómic desenvolvendo un guión previamente establecido e utilizando os elementos básicos de este tipo de linguaxe.


      1. Contidos Liña e textura, elementos visuais da imaxe
      2. Exercicios
      3. Criterios de avaliación
      A liña como o elemento expresivo, grafismo e trazo.
      A textura: calidades expresivas.
      As texturas ópticas: orgánicas e xeométricas.
      O cor e a liña para crear texturas.
      A textura e os estilos artísticos.
      Acercamento á utilización de materiais, instrumentos e soportes no debuxo.
      Introdución ás técnicas de pinturas ó auga: lavados e estarcidos.

      L6:Experimentación sobre a expresividade da iña. Por exemplo, sobre a fotocopia da obra A Noite Estrelada de Van Gogh, experimenta as distintas posibibilidades expresivas da liña con lápis acuarelables.
      L7: Experimentación sobre a expresividade da liña e das texturas. Por exemplo, interpreta da Obra As Meninas de Veláquez con texturas táctis e visuais.
      L8: Investigación experimental a partir de texturas orgánicas e xeométricas. Fai recorta e pega sobre unha lámina cinco texturas visuais e cinco táctis.
      L9: Utilización das texturas na representación de formas e imaxes. Por exemplo, partindo do Bodegón de Paul CézanneBodegón con cebolas (1895-1900), traballa coas texturas
      L11: Estudo da liña e a textura como elementos xeradores de ilusións ópticas.Por exemplo, crea unha ilusión óptica con liñas e diferentes texturas. Materiais: témperas.
      Describir diferentes tipos de liñas en imaxes da contorna visual e representacións gráficas e visuais propias e alleas.
      Describir diferentes calidades plásticas de texturas, en superficies da contorna cotiá e en manchas e planos de imaxe.
      Seleccionar os elementos configurativos da liña e a textura adecuando á descrición analítica da forma.
      Recoñecer distintos materiais, instrumentos e soportes de debuxo en imaxes diferentes, utilizando as súas características expresivas para producir imaxes propias.
      Investigar as características estéticas das pinturas ó auga para recoñecer e producir diferentes texturas expresivas.
      Valorar as obras de arte con curiosidade e respecto, con o desexo de coñecer e analizar os elementos do linguaxe visual utilizados.

      1. Contidos A cor
      2. Exercicios
      3. Criterios de avaliación
      A física do cor.
      A natureza das luces de cor: mixturas aditivas.
      A natureza dos pigmentos de cor: mixturas sustractivas.
      Os atributos do cor: cores complementarios, series e gamas do cor.
      As teorías do cor.
      A percepción do cor. Alteración dos atributos do cor.
      O cor na arte e os movementos artísticos.

      L12: Observación e análises da cor na contorna e nas obras de arte.
      L13: Realización dun círculo cromático.Por exemplo, diámetro dos círculos concéntricos: 10,8 ,6. Materiais: témperas. O círculo do medio: cores puros. Círculo exterior píntao con tintas e o interior coas sombras.
      L14: Resolución de fórmulas cromáticas concretas, realización de gamas e series. Por exemplo, realiza unha escala de 6 tinxes e outra de 6 sombras. Debuxa dous rectángulos de 12cm de ancho e 4cm de alto. Divídeos 6 partes iguais. En un deles pinta a escala de sombras e no outro a de tinxes. Materiais: témperas
      L15: Selección adecuada de cores para a consecución de efectos determinados.Por exemplo, Análise da cor (segundo a fórmula de armonizar as cores) de dúas obras: Os Lirios de Vicent Van Gogh, Las señoritas de Avignon de Picasso.
      L16: Investigación en mixturas aditivas. Realiza un debuxo na metade da lámina píntao con cores fríos. Repite o debuxo na outra evade e píntao con cores cálidos. Materiais: témperas.
      L17: Comprobación visual do comportamento da luz. Recorta e pega tres imaxes distintas. Sinala de onde procede a luz.
      Coñecer a natureza física da luz, a fisioloxía do órgano visual e as propiedades das superficies dúas obxectos.
      Coñecer as teorías básicas sobre a cor como motivación para investigar a súa natureza.
      Coñecer e diferenciar as mixturas aditivas das subtractivas.
      Describir os atributos da cor en imaxes da contorna, obras de arte e producións propias.
      Diferenciar e representar os matices do cor na natureza e na contorna.
      Apreciar e identificar as alteracións cromáticas que produce a interacción do cor.
      Utilizar adecuadamente as posibilidades expresivas das pinturas ó auga na produción de imaxes.
      Valorar a importancia expresiva e comunicativa da cor en diferentes manifestacións e períodos artísticos.


      1. Contidos
      Análises e representación de formas.
      2. Exercicios

      3. Criterios de avaliación

      As formas orgánicas. Diferentes tipos de tratamentos.
      As formas xeométricas. Construción de polígonos regulares coñecendo o lado.
      As tanxencias e os enlaces.
      As estruturas bidimensionales. Diferentes tipos de estruturas regulares e irregulares.
      O módulo e o submódulo.
      As relacións métricas. Proporción e semellanza. A sección áurea. As escalas.
      L18: Construír e compoñer formas de diferentes tipos. Debuxo nunha lámina dos distintos cuadriláteros e triángulos.
      L19: Construción de polígonos, e súa aplicación ó campo da arte e do deseño.
      Construción de polígonos. Sistema xeral. Debuxo dun hexágono (7cm de diámetro) e dun octógono ( 8cm de diámetro).
      L20: Interese por investigar sobre os diferentes tipos de estruturas que posúe a forma. Creación dun deseño téxtil basado na división da circunferencia en partes iguais. Utiliza unha armonía de cor e explica.
      L21: Valor estético e organizativo do módulo como unidade de composición. Creación dunha red modular constante para o deseño dunha mochila escolar. Traballa na páxina : educacionplástica.net, estruturas bidimensionales.
      L22: Representar obxectos mediante a proporción e a semellanza. Debuxa un mesmo obxecto en tres escalas distintas. Indica a escala de cada obxecto.
      Coñecer as formas orgánicas.
      Realizar debuxos con diferentes tipos de tratamentos: realista, xeométrico, de contornos e siluetas.
      Elaborar debuxos de formas orgánicas aplicando as fases de encaixado, desenvolvemento e detalles.
      Construír polígonos regulares coñecendo o lado e aplicando os seus métodos particulares.
      Trazar un polígono regular coñecendo o lado e aplicando o método xeral.
      Coñecer as propiedades básicas das tanxencias e realizar trazados de tanxencias.
      Trazar o ovalo e o ovoide. Debuxar espirais. Coñecer e representar as estruturas bidimensionales regulares e irregulares.
      Aplicar módulos e submódulos na construción de composicións bidimensionales.
      Coñecer as relacións métricas de proporción e semellanza.
      Construír figuras elementais semellantes.
      Coñecer e aplicar a sección áurea e as escalas.

      1. Contidos
      Espazo e volume
      2. Exercicios

      3. Criterios de avaliación

      Os sistemas de representación. O sistema diédrico ortogonal.
      Representación do punto, a recta, o plano e corpos sólidos no sistema diédrico ortogonal.
      O trazado de vistas de obxectos. O esbozo.
      Métodos de representación práctica.
      L23: Utilización de diversos elementos que configuran o sistema diédrico para resolución de problemas.
      L24: Representación de figuras planas, sólidos e corpos xeométricos sinxelos. educacionplástica.net Sistema diédrico ( exercicios de visualización y modelado de 3D a partir de vistas y exercicios de vistas.
      L25: Aplicación dos conceptos do sistema diédrico ortogonal estudados á resolución de problemas básicos. educacionplástica.net Perspectiva (perspectiva axonométrica ortogonal , nivel 1 pezas)
      Coñecer os elementos que configuran o sistema diédrico ortogonal.
      Representar no sistema diédrico ortogonal o punto, a recta e o plano no primeiro cuadrante.
      Debuxar figuras elementais contidas no plano no sistema diédrico ortogonal.
      Representar sólidos elementais e corpos xeométricos no sistema diédrico ortogonal.
      Representar o punto, a recta e o plano no sistema diédrico ortogonal sen liña de terra.

      Para repasar máis os seguintes temas

      A cor
      Texturas

      División da circunferencia e polígonos:

      Deseños modulares bidimensionales

      Máis RECURSOS
      • En  educacionplástica.net os apartados cos que podes traballar son: Visión y percepción ( solo apartado de percepción del color).Trazados xeométricos ( apartado de polígonos).Estruturas modulares bidimensionales. El color Sistema diédrico ( exercicios de visualización y modelado de 3D a partir de vistas y exercicios de vistas.Perspectiva (perspectiva axonométrica ortogonal , nivel 1 pezas)
      Ademáis en epvtics.blogspot.com.es ( o noso blog de plástica) tedes presentacións dos temas, vídeos e exercicios para resolver