O coñecemento das ferramentas e materiais de debuxo é outro dos aspectos importantes que se van a ver ao longo do curso. Xa, ao longo de Debuxo Artístico I, tiveches ocasión de traballar cun gran número de técnicas, tanto secas como húmidas, non viría mal darlles un breve repaso. Tamén o faremos de forma máis detallada e práctica ao longo deste curso, investigando e explorando as súas inmensas posibilidades expresivas co retrato ou a figura humana.
Aínda que irás ampliando o catálogo de técnicas e ferramentas, nun dos seguintes subapartados dispós dunha resumida listaxe das que máis vas utilizar neste curso. Por suposto, estas complementaranse con toda a batería de ferramentas e aplicacións dixitais dispoñibles hoxe día grazas ás novas tecnoloxías.
Pero non nos adiantemos, que do carbón ao megapixel hai un longo treito. Segundo o seu uso ou finalidade, o debuxo vai requirir uns materiais concretos. Isto veralo nos seguintes subapartados dedicado aos tipos de debuxos máis usuais nos ámbitos artísticos e ás funcións do debuxo noutros ámbitos do coñecemento.
Pero non nos adiantemos, que do carbón ao megapixel hai un longo treito. Segundo o seu uso ou finalidade, o debuxo vai requirir uns materiais concretos. Isto veralo nos contidos do curso dedicado aos tipos de debuxos máis usuais nos ámbitos artísticos e ás funcións do debuxo noutros ámbitos do coñecemento.
Unha caixa ( tipo zapatos) para ter todos os materiais
Carpeta de 50x70 cm.
Caderno de debuxo (sen tramas)
Lapis de cores acuarelables







