miércoles, 2 de septiembre de 2026

Materiais 2º Bacharelato curso 26-27

 

 O coñecemento das ferramentas e materiais de debuxo é outro dos aspectos importantes que se van a ver ao longo do curso. Xa, ao longo de Debuxo Artístico I, tiveches ocasión de traballar cun gran número de técnicas, tanto secas como húmidas, non viría mal darlles un breve repaso. Tamén o faremos de forma máis detallada e práctica ao longo deste curso, investigando e explorando as súas inmensas posibilidades expresivas co retrato ou a figura humana.

Aínda que irás ampliando o catálogo de técnicas e ferramentas,  nun dos seguintes  subapartados  dispós dunha  resumida listaxe das que máis vas utilizar neste curso. Por suposto, estas complementaranse con toda a batería de ferramentas e aplicacións dixitais dispoñibles hoxe día grazas ás novas tecnoloxías.

Pero non nos adiantemos, que do carbón ao megapixel hai un longo treito.  Segundo o seu uso ou finalidade, o debuxo vai requirir uns materiais concretos. Isto veralo nos seguintes subapartados dedicado aos tipos de debuxos máis usuais nos ámbitos artísticos e ás funcións do debuxo noutros ámbitos do coñecemento.

Pero non nos adiantemos, que do carbón ao megapixel hai un longo treito.  Segundo o seu uso ou finalidade, o debuxo vai requirir uns materiais concretos. Isto veralo nos contidos do curso dedicado aos tipos de debuxos máis usuais nos ámbitos artísticos e ás funcións do debuxo noutros ámbitos do coñecemento.

Unha caixa ( tipo zapatos) para ter todos os materiais

 Carpeta de 50x70 cm.

Caderno de debuxo (sen tramas)

Papel para acuarela y técnicas húmidas A3
Papel debuxo A3

Lapis de cores acuarelables
Rotuladores
Témperas (branco, amarelo, maxenta, cián) en tubo
Acuarelas (amarelo, maxenta, cián) en tubo
Goma e sacapuntas
3 pinceis (0, 08,12) e Paletina
Lapiceiros:  2H, 2B ( DIFERENTES DUREZAS) e 6B
Trapo limpo ( que teñades na casa, podedes  reutilizar unha camiseta vella)
Recipiente pequeno para o auga de plástico(2 unidades)
Paleta (de plástico )
Tesoiras

Bata de traballo ( opcional, pode ser unha camiseta ou camisa vella)
Periódicos e revistas
Memoria extraíble

Grafitos
Carbonciños
Gomas brandas e moldeables
Cortatramas
Plumiñas e palilleiro
Tinteiro con tinta negra
Fixador para carbón
Pigmentos
Cola branca

O alumnado deberá presentarse aos examens cos materiais para realizalos.
LENDA: En verde os materiais que se poden compartir. En negro os materiais individuais. En azul os materiais aportados polo Departamento de Artes Plásticas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.