lunes, 1 de julio de 2019

3ºESO Plan de recuperación


3º ESO
Lembrade...

  • En setembro haberá un exame Teórico-práctico, parecido aos que fixemos durante o curso. 
  • Non haberá entrega de traballos ainda que os recomendo que fagades os exercicios para repasar. 
  • Tedes na Aula virtual as leccións  ( ao final desta entrada os deixo tamén  algúns  links coas leccións.)
  • Tedes que levar ao exame  todos os materiais necesarios para facelo , os que usamos na clase ( menos os pinceis, temperas e tubos de acuarelas)
Moito ánimo....sei que podedes facelo! ... e vos tamén!
Guía por temas para a preparación ao exame de setembro. Non haberá entrega de traballos.

1. Contidos
O linguaxe visual e plástico
2. Exercicios para repasar
3. Criterios de avaliación
O linguaxe e a comunicación visual.
Finalidade e función das imaxes: informativa, expresiva, estética e representativa.
Signos e símbolos na comunicación visual: marca, sinais, símbolos e iconas.
Medios de comunicación mediante imaxes fixas: pintura, escultura, arquitectura, prensa, cómic, deseño e novas tecnoloxías.
Medios de comunicación mediante imaxes en movemento: cine, televisión e vídeo.
L1: Identificación do linguaxe visual e plástico nos medios de comunicación con imaxes fixas. Recorta de revistas e pega nunca lámina catro tipos distintos de imaxes fixas.
L2: Análises dos medios de comunicación que utilizan imaxes en movemento. Recorta de revistas e pega nunca lámina catro tipos distintos de imaxes en movemento.
L3: Realización de signos e símbolos para expresar ideas ou obxectos previamente convindos/convidos. Realiza un imagotipo e logotipo
L4: Utilización e experimentación de recursos informáticos para a procura e creación de imaxes plásticas. Estudo e experimentación a través dos procesos, técnicas e procedementos propios da fotografía, para producir mensaxes visuais. Creación cun programa informático dun corto.
L5: A linguaxe do cómic. Creación do guión dun cómic. Realización do cómic sobre un tema dado
Coñecer as funcións e as características dos medios de comunicación que utilizan imaxes estáticas e en movemento.
Utilizar apropiadamente os elementos básicos que compoñen o linguaxe da pintura, escultura e arquitectura para realizar unha lectura organizada e comprensiva de estes tipos de manifestacións plásticas.
Coñecer e utilizar os recursos informáticos e novas tecnoloxías para manipular imaxes fotográficas, realizar deseños gráficos e aplicar ó debuxo técnico.
Utilizar a sintaxes propia das formas visuais do deseño para realizar proxectos concretos.
Elaborar obras multimedia e producións ideográficas sinxelas utilizando técnicas adecuadas ó medio.
Realizar un cómic desenvolvendo un guión previamente establecido e utilizando os elementos básicos de este tipo de linguaxe.


1. Contidos Liña e textura, elementos visuais da imaxe
2. Exercicios
3. Criterios de avaliación
A liña como o elemento expresivo, grafismo e trazo.
A textura: calidades expresivas.
As texturas ópticas: orgánicas e xeométricas.
O cor e a liña para crear texturas.
A textura e os estilos artísticos.
Acercamento á utilización de materiais, instrumentos e soportes no debuxo.
Introdución ás técnicas de pinturas ó auga: lavados e estarcidos.

L6:Experimentación sobre a expresividade da iña. Por exemplo, sobre a fotocopia da obra A Noite Estrelada de Van Gogh, experimenta as distintas posibibilidades expresivas da liña con lápis acuarelables.
L7: Experimentación sobre a expresividade da liña e das texturas. Por exemplo, interpreta da Obra As Meninas de Veláquez con texturas táctis e visuais.
L8: Investigación experimental a partir de texturas orgánicas e xeométricas. Fai recorta e pega sobre unha lámina cinco texturas visuais e cinco táctis.
L9: Utilización das texturas na representación de formas e imaxes. Por exemplo, partindo do Bodegón de Paul Cézanne. Bodegón con cebolas (1895-1900), traballa coas texturas
L11: Estudo da liña e a textura como elementos xeradores de ilusións ópticas.Por exemplo, crea unha ilusión óptica con liñas e diferentes texturas. Materiais: témperas.
Describir diferentes tipos de liñas en imaxes da contorna visual e representacións gráficas e visuais propias e alleas.
Describir diferentes calidades plásticas de texturas, en superficies da contorna cotiá e en manchas e planos de imaxe.
Seleccionar os elementos configurativos da liña e a textura adecuando á descrición analítica da forma.
Recoñecer distintos materiais, instrumentos e soportes de debuxo en imaxes diferentes, utilizando as súas características expresivas para producir imaxes propias.
Investigar as características estéticas das pinturas ó auga para recoñecer e producir diferentes texturas expresivas.
Valorar as obras de arte con curiosidade e respecto, con o desexo de coñecer e analizar os elementos do linguaxe visual utilizados.

1. Contidos A cor
2. Exercicios
3. Criterios de avaliación
A física do cor.
A natureza das luces de cor: mixturas aditivas.
A natureza dos pigmentos de cor: mixturas sustractivas.
Os atributos do cor: cores complementarios, series e gamas do cor.
As teorías do cor.
A percepción do cor. Alteración dos atributos do cor.
O cor na arte e os movementos artísticos.

L12: Observación e análises da cor na contorna e nas obras de arte.
L13: Realización dun círculo cromático.Por exemplo, diámetro dos círculos concéntricos: 10,8 ,6. Materiais: témperas. O círculo do medio: cores puros. Círculo exterior píntao con tintas e o interior coas sombras.
L14: Resolución de fórmulas cromáticas concretas, realización de gamas e series. Por exemplo, realiza unha escala de 6 tinxes e outra de 6 sombras. Debuxa dous rectángulos de 12cm de ancho e 4cm de alto. Divídeos 6 partes iguais. En un deles pinta a escala de sombras e no outro a de tinxes. Materiais: témperas
L15: Selección adecuada de cores para a consecución de efectos determinados.Por exemplo, Análise da cor (segundo a fórmula de armonizar as cores) de dúas obras: Os Lirios de Vicent Van Gogh, Las señoritas de Avignon de Picasso.
L16: Investigación en mixturas aditivas. Realiza un debuxo na metade da lámina píntao con cores fríos. Repite o debuxo na outra evade e píntao con cores cálidos. Materiais: témperas.
L17: Comprobación visual do comportamento da luz. Recorta e pega tres imaxes distintas. Sinala de onde procede a luz.
Coñecer a natureza física da luz, a fisioloxía do órgano visual e as propiedades das superficies dúas obxectos.
Coñecer as teorías básicas sobre a cor como motivación para investigar a súa natureza.
Coñecer e diferenciar as mixturas aditivas das subtractivas.
Describir os atributos da cor en imaxes da contorna, obras de arte e producións propias.
Diferenciar e representar os matices do cor na natureza e na contorna.
Apreciar e identificar as alteracións cromáticas que produce a interacción do cor.
Utilizar adecuadamente as posibilidades expresivas das pinturas ó auga na produción de imaxes.
Valorar a importancia expresiva e comunicativa da cor en diferentes manifestacións e períodos artísticos.


1. Contidos
Análises e representación de formas.
2. Exercicios

3. Criterios de avaliación

As formas orgánicas. Diferentes tipos de tratamentos.
As formas xeométricas. Construción de polígonos regulares coñecendo o lado.
As tanxencias e os enlaces.
As estruturas bidimensionales. Diferentes tipos de estruturas regulares e irregulares.
O módulo e o submódulo.
As relacións métricas. Proporción e semellanza. A sección áurea. As escalas.
L18: Construír e compoñer formas de diferentes tipos. Debuxo nunha lámina dos distintos cuadriláteros e triángulos.
L19: Construción de polígonos, e súa aplicación ó campo da arte e do deseño.
Construción de polígonos. Sistema xeral. Debuxo dun hexágono (7cm de diámetro) e dun octógono ( 8cm de diámetro).
L20: Interese por investigar sobre os diferentes tipos de estruturas que posúe a forma. Creación dun deseño téxtil basado na división da circunferencia en partes iguais. Utiliza unha armonía de cor e explica.
L21: Valor estético e organizativo do módulo como unidade de composición. Creación dunha red modular constante para o deseño dunha mochila escolar. Traballa na páxina : educacionplástica.net, estruturas bidimensionales.
L22: Representar obxectos mediante a proporción e a semellanza. Debuxa un mesmo obxecto en tres escalas distintas. Indica a escala de cada obxecto.
Coñecer as formas orgánicas.
Realizar debuxos con diferentes tipos de tratamentos: realista, xeométrico, de contornos e siluetas.
Elaborar debuxos de formas orgánicas aplicando as fases de encaixado, desenvolvemento e detalles.
Construír polígonos regulares coñecendo o lado e aplicando os seus métodos particulares.
Trazar un polígono regular coñecendo o lado e aplicando o método xeral.
Coñecer as propiedades básicas das tanxencias e realizar trazados de tanxencias.
Trazar o ovalo e o ovoide. Debuxar espirais. Coñecer e representar as estruturas bidimensionales regulares e irregulares.
Aplicar módulos e submódulos na construción de composicións bidimensionales.
Coñecer as relacións métricas de proporción e semellanza.
Construír figuras elementais semellantes.
Coñecer e aplicar a sección áurea e as escalas.

1. Contidos
Espazo e volume
2. Exercicios

3. Criterios de avaliación

Os sistemas de representación. O sistema diédrico ortogonal.
Representación do punto, a recta, o plano e corpos sólidos no sistema diédrico ortogonal.
O trazado de vistas de obxectos. O esbozo.
Métodos de representación práctica.
L23: Utilización de diversos elementos que configuran o sistema diédrico para resolución de problemas.
L24: Representación de figuras planas, sólidos e corpos xeométricos sinxelos. educacionplástica.net Sistema diédrico ( exercicios de visualización y modelado de 3D a partir de vistas y exercicios de vistas.
L25: Aplicación dos conceptos do sistema diédrico ortogonal estudados á resolución de problemas básicos. educacionplástica.net Perspectiva (perspectiva axonométrica ortogonal , nivel 1 pezas)
Coñecer os elementos que configuran o sistema diédrico ortogonal.
Representar no sistema diédrico ortogonal o punto, a recta e o plano no primeiro cuadrante.
Debuxar figuras elementais contidas no plano no sistema diédrico ortogonal.
Representar sólidos elementais e corpos xeométricos no sistema diédrico ortogonal.
Representar o punto, a recta e o plano no sistema diédrico ortogonal sen liña de terra.

Para repasar máis os seguintes temas

A cor
Texturas

División da circunferencia e polígonos:

Deseños modulares bidimensionales

Máis RECURSOS
  • En  educacionplástica.net os apartados cos que podes traballar son: Visión y percepción ( solo apartado de percepción del color).Trazados xeométricos ( apartado de polígonos).Estruturas modulares bidimensionales. El color Sistema diédrico ( exercicios de visualización y modelado de 3D a partir de vistas y exercicios de vistas.Perspectiva (perspectiva axonométrica ortogonal , nivel 1 pezas)
Ademáis en epvtics.blogspot.com.es ( o noso blog de plástica) tedes presentacións dos temas, vídeos e exercicios para resolver




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.