lunes, 1 de julio de 2019

Para preparar A materia de Debuxo Artístico....





Lembrade
En setembro haberá un exame Teórico-práctico, parecido aos que fixemos durante o curso. Non haberá entrega de traballos ainda que os recomendo que os fagades para repasar.
Tedes que levar todos os materiais necesarios para facelo ( os que usamos na clase)
Moito ánimo....sei que podedes facelo! ... e vos tamén!
Guía por temas para a preparación ao exame de setembro. Non haberá entrega de traballos.

ESTANDARES DE APRENDIZAXE
GRADO MÍNIMO DE CONSECUCIÓN PARA SUPERAR A MATERIA
DA1.B1.1.1. Valora e coñece a importancia do debuxo artístico, as súas aplicacións e as súas manifestacións a través da historia e na actualidade, co estudo e a observación de obras e artistas significativos/as.

Escritos de análise de obras e artistas mais significativos.

DA1.B1.1.2. Selecciona, relaciona e emprega con criterio a terminoloxía específica, de forma oral e escrita, en postas en común ou probas individuais, aplicada a producións propias ou alleas.

Utiliza con criterio a terminoloxía específica, de forma escrita.

DA1.B1.2.1. Utiliza con propiedade os materiais e os procedementos máis idóneos para representar e expresarse en relación ás linguaxes gráficas, adecuándoos ao obxectivo plástico desexado.

Realiza técnicas gráfico-plásticas secas, húmidas e mixtas. Témpera, lápis de grafito, lápis de cores; colaxe, carbonciños e técnicas mixtas adecuándoas o obxectivo plástico desexado.

DA1.B2.1.1. Utiliza a liña na descrición gráfica de obxectos expresando volume, movemento, espazo e sensacións subxectivas.

Realiza obras gráfico-plásticas expresando volume, movemento, espazo e sensacións subxectivas.

DA1.B2.1.2. Representa formas naturais e artificiais, de maneira analítica ou expresiva, atendendo á comprensión da súa estrutura interna.

Realiza obras gráfico-plásticas de maneira analítica ou expresiva, atendendo á comprensión da súa estrutura interna.

DA1.B2.2.1. Comprende e representa as formas desde distintos puntos de vista.

Realiza obras gráfico-plásticas de obxectos desde distintos puntos de vista

DA1.B2.2.2. Describe graficamente as formas atendendo ás súas proporcións, relacionándoas con formas xeométricas simples.

Realiza obras gráfico-plásticas formas atendendo ás súas proporcións, relacionándoas con formas xeométricas simples.

DA1.B3.1.1. Selecciona os elementos gráficos esenciais para a representación da realidade observada segundo a función que se persiga (analítica ou subxectiva) e o seu grao de iconicidade.

Describe, analiza e interpreta unha imaxe dada, distinguindo a súa función analítica ou suxectiva e o seu grao de iconicidade.

DA1.B3.2.1. Relaciona e representa as formas no plano atendendo ás leis visuais asociativas, ás organizacións compositivas, ao equilibrio e ás direccións visuais en composicións cunha finalidade expresiva, analítica ou descritiva.

Realiza obras gráfico plásticas representando as formas no plano atendendo ás leis visuais asociativas, ás organizacións compositivas, ao equilibrio e ás direccións visuais en composicións cunha finalidade expresiva, analítica ou descritiva.

DA1.B4.1.1. Representa o volume, o espazo e a textura aplicando técnicas gráfico-plásticas mediante valores lumínicos.

Realiza obras gráfico plásticas representando o volume, o espazo e a textura aplicando distintas técnicas gráfico-plásticas mediante valores lumínicos.

DA1.B4.2.1. Coñece o valor expresivo e configurador da luz, en valores tanto acromáticos como cromáticos, e explicar verbalmente eses valores en obras propias e alleas.

Escritos e presentación oral de análise do valor expresivo da luz.

DA1.B5.1.1. Aplica a cor seguindo as dimensións desta (valor-luminosidade, saturación-intensidade e croma-ton) na representación de composicións e formas naturais e artificiais.

Realiza obras gráfico-plásticas aplicando a cor seguindo as dimensións desta (valor-luminosidade, saturación-intensidade e croma-ton)

DA1.B5.1.2. Demostra o coñecemento, con explicacións orais, escritas e gráficas, dos fundamentos teóricos da cor en composicións e estudos cromáticos.

Escritos e presentación oral de análise do valor expresivo da cor.

DA1.B5.1.3. Aplica de maneira expresiva a cor na obra plástica persoal.

Realiza obras gráfico-plásticas aplicando de maneira expresiva a cor na obra plástica persoal.

DA1.5.1.4 Analiza o uso da cor observando as producións artísticas de referencia en todas as súas manifestacións.

Realiza o análise da cor en obras artísticas de referencia

DA1.B5.1.5. Representa os matices cromáticos, a partir de observación do natural, mediante a mestura de cores primarias.

Realiza obras gráfico–plásticas a partir de observación do natural, mediante a mestura de cores primarias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.