jueves, 29 de febrero de 2024
Cartografias do self: Autocoñecemento
O autocoñecemento é a habilidade de conectarse cos nosos sentimentos, pensamentos e accións. Ter autocoñecemento tamén significa poder recoñecer como nos perciben outras persoas. As persoas que se coñecen a si mesmas recoñecen as súas fortalezas e desafíos.
Traballando a autoestima e a autoaceptación a través do debuxo.
Autoestima: É a valoración que a persoa fai de si mesma, a través dunha observación obxectiva e da aceptación da súa identidade. A autoestima indícanos se un individuo está conforme consigo mesmo, e trátase dun concepto que limita a felicidade e potencial dunha persoa. Maniféstase de forma cambiante, modificándose ao longo da vida.
Autoaceptación: Trátase da capacidade de aceptarse tal e como é un mesmo. É unha forma de tomar consciencia desde unha perspectiva positiva, das virtudes e defectos sen crenzas limitantes.
Realización de debuxos obxectivos e collages subxectivos de nos mesmas. Eiquí tedes algúns exemplos.