lunes, 28 de septiembre de 2020

Quen coida quen? As mulleres das nosas vidas: as Aboas

Sabes a que se adicaba a túa aboa? Como pasaba o seu tempo de lecer? Ían a discoteca? Como foi iso de namorarse do abó? Como casaron? E despois que? Coidouo dos fillos? Traballou na casa , fora ou nos dous lados? Coidouche? e ten fotos daquela?




E que imos a facer nós?

P1. Consiste en recuperar fotos antigas que posúen as familias, nas que aparezan as aboas, dixitalizalas e redactar un texto relacionado coa imaxe.

Falando coa familia, e pedindo permiso, búscanse fotografías antigas 
( anterior 1970) nas que podamos coñecer aspectos do patrimonio cultural que se encontra documentado nas fotografías familiares. Con estas imaxes accédese a unha boa parte de expresións culturais que xa desapareceron ou que xa son descoñecidas polas novas xeracións. 

O patrimonio inmaterial é constituído principalmente por coñecementos, técnicas, formas de organización ou de expresión colectiva xunto coas manifestacións festivas e familiares. Está localizado nas prácticas da vida cotiá que son realizadas polo membros da sociedade e que teñen nas familias os núcleos básicos. A cultura inmaterial é aquela que é vivenciada polas persoas portadoras e, como tal, está documentada desde os inicios da fotografía.

As imaxes dos álbums familiares conteñen moitas destas manifestacións e vivencias que poden ser descoñecidas polo alumnado . Precísase que a xente máis nova coñeza o seu pasado recente e que sexa quen de interpretalo. Neste labor de transmisión e vivencia das imaxes é necesaria a implicación da familia para axudar a comprender os contextos onde se produciron as expresións culturais documentadas e a partires de ahí o alumnado  entenda  e exprique a imaxe nun breve texto 
( extensión máxima 250 verbas).




P2 .As mulleres da nosa vida... descubrindo a importancia do traballo das mulleres na nosa sociedade a través da arte galega. 
Consiste en buscar obras de artistas plásticos galegos que representen o papel da túa aboa  na sociedade. 

Buscaremos unha obra, faremos a ficha técnica e unha breve expricación sobre o taballo que realizaba. Unha vez feito faremos un mural dixital ( Padlet) con todos os cadros.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.