3º ESOLembrade...
- En setembro haberá un exame Teórico-práctico, parecido aos que fixemos durante o curso.
- Non haberá entrega de traballos ainda que os recomendo que fagades os exercicios para repasar.
- Tedes na Aula virtual as leccións ( ao final desta entrada os deixo tamén algúns links)
- Tedes que levar ao exame todos os materiais necesarios para facelo , os que usamos na clase ( menos os pinceis, temperas e tubos de acuarelas)
Moito ánimo....sei que podedes facelo! ... e vos tamén!Guía por temas para a preparación ao exame de setembro. Non haberá entrega de traballos.
- En setembro haberá un exame Teórico-práctico, parecido aos que fixemos durante o curso.
- Non haberá entrega de traballos ainda que os recomendo que fagades os exercicios para repasar.
- Tedes na Aula virtual as leccións ( ao final desta entrada os deixo tamén algúns links)
- Tedes que levar ao exame todos os materiais necesarios para facelo , os que usamos na clase ( menos os pinceis, temperas e tubos de acuarelas)
1. Contidos O linguaxe visual e plástico | 2. Exercicios para repasar | 3. Criterios de avaliación |
O linguaxe e a comunicación visual. Finalidade e función das imaxes: informativa, expresiva, estética e representativa. Signos e símbolos na comunicación visual: marca, sinais, símbolos e iconas. Medios de comunicación mediante imaxes fixas: pintura, escultura, arquitectura, prensa, cómic, deseño e novas tecnoloxías. Medios de comunicación mediante imaxes en movemento: cine, televisión e vídeo. | L1: Identificación do linguaxe visual e plástico nos medios de comunicación con imaxes fixas. Recorta de revistas e pega nunca lámina catro tipos distintos de imaxes fixas. L2: Análises dos medios de comunicación que utilizan imaxes en movemento. Recorta de revistas e pega nunca lámina catro tipos distintos de imaxes en movemento. L3: Realización de signos e símbolos para expresar ideas ou obxectos previamente convindos/convidos. Realiza un imagotipo e logotipo L4: Utilización e experimentación de recursos informáticos para a procura e creación de imaxes plásticas. Estudo e experimentación a través dos procesos, técnicas e procedementos propios da fotografía, para producir mensaxes visuais. Creación cun programa informático dun corto. L5: A linguaxe do cómic. Creación do guión dun cómic. Realización do cómic sobre un tema dado | Coñecer as funcións e as características dos medios de comunicación que utilizan imaxes estáticas e en movemento. Utilizar apropiadamente os elementos básicos que compoñen o linguaxe da pintura, escultura e arquitectura para realizar unha lectura organizada e comprensiva de estes tipos de manifestacións plásticas. Coñecer e utilizar os recursos informáticos e novas tecnoloxías para manipular imaxes fotográficas, realizar deseños gráficos e aplicar ó debuxo técnico. Utilizar a sintaxes propia das formas visuais do deseño para realizar proxectos concretos. Elaborar obras multimedia e producións ideográficas sinxelas utilizando técnicas adecuadas ó medio. Realizar un cómic desenvolvendo un guión previamente establecido e utilizando os elementos básicos de este tipo de linguaxe. |
1. Contidos Liña e textura, elementos visuais da imaxe | 2. Exercicios | 3. Criterios de avaliación |
A liña como o elemento expresivo, grafismo e trazo. A textura: calidades expresivas. As texturas ópticas: orgánicas e xeométricas. O cor e a liña para crear texturas. A textura e os estilos artísticos. Acercamento á utilización de materiais, instrumentos e soportes no debuxo. Introdución ás técnicas de pinturas ó auga: lavados e estarcidos. | L6:Experimentación sobre a expresividade da iña. Por exemplo, sobre a fotocopia da obra A Noite Estrelada de Van Gogh, experimenta as distintas posibibilidades expresivas da liña con lápis acuarelables. L7: Experimentación sobre a expresividade da liña e das texturas. Por exemplo, interpreta da Obra As Meninas de Veláquez con texturas táctis e visuais. L8: Investigación experimental a partir de texturas orgánicas e xeométricas. Fai recorta e pega sobre unha lámina cinco texturas visuais e cinco táctis. L9: Utilización das texturas na representación de formas e imaxes. Por exemplo, partindo do Bodegón de Paul Cézanne. Bodegón con cebolas (1895-1900), traballa coas texturas L11: Estudo da liña e a textura como elementos xeradores de ilusións ópticas.Por exemplo, crea unha ilusión óptica con liñas e diferentes texturas. Materiais: témperas. | Describir diferentes tipos de liñas en imaxes da contorna visual e representacións gráficas e visuais propias e alleas. Describir diferentes calidades plásticas de texturas, en superficies da contorna cotiá e en manchas e planos de imaxe. Seleccionar os elementos configurativos da liña e a textura adecuando á descrición analítica da forma. Recoñecer distintos materiais, instrumentos e soportes de debuxo en imaxes diferentes, utilizando as súas características expresivas para producir imaxes propias. Investigar as características estéticas das pinturas ó auga para recoñecer e producir diferentes texturas expresivas. Valorar as obras de arte con curiosidade e respecto, con o desexo de coñecer e analizar os elementos do linguaxe visual utilizados. |
1. Contidos A cor | 2. Exercicios | 3. Criterios de avaliación |
A física do cor. A natureza das luces de cor: mixturas aditivas. A natureza dos pigmentos de cor: mixturas sustractivas. Os atributos do cor: cores complementarios, series e gamas do cor. As teorías do cor. A percepción do cor. Alteración dos atributos do cor. O cor na arte e os movementos artísticos. | L12: Observación e análises da cor na contorna e nas obras de arte. L13: Realización dun círculo cromático.Por exemplo, diámetro dos círculos concéntricos: 10,8 ,6. Materiais: témperas. O círculo do medio: cores puros. Círculo exterior píntao con tintas e o interior coas sombras. L14: Resolución de fórmulas cromáticas concretas, realización de gamas e series. Por exemplo, realiza unha escala de 6 tinxes e outra de 6 sombras. Debuxa dous rectángulos de 12cm de ancho e 4cm de alto. Divídeos 6 partes iguais. En un deles pinta a escala de sombras e no outro a de tinxes. Materiais: témperas L15: Selección adecuada de cores para a consecución de efectos determinados.Por exemplo, Análise da cor (segundo a fórmula de armonizar as cores) de dúas obras: Os Lirios de Vicent Van Gogh, Las señoritas de Avignon de Picasso. L16: Investigación en mixturas aditivas. Realiza un debuxo na metade da lámina píntao con cores fríos. Repite o debuxo na outra evade e píntao con cores cálidos. Materiais: témperas. L17: Comprobación visual do comportamento da luz. Recorta e pega tres imaxes distintas. Sinala de onde procede a luz. | Coñecer a natureza física da luz, a fisioloxía do órgano visual e as propiedades das superficies dúas obxectos. Coñecer as teorías básicas sobre a cor como motivación para investigar a súa natureza. Coñecer e diferenciar as mixturas aditivas das subtractivas. Describir os atributos da cor en imaxes da contorna, obras de arte e producións propias. Diferenciar e representar os matices do cor na natureza e na contorna. Apreciar e identificar as alteracións cromáticas que produce a interacción do cor. Utilizar adecuadamente as posibilidades expresivas das pinturas ó auga na produción de imaxes. Valorar a importancia expresiva e comunicativa da cor en diferentes manifestacións e períodos artísticos. |
1. Contidos Análises e representación de formas. | 2. Exercicios | 3. Criterios de avaliación |
As formas orgánicas. Diferentes tipos de tratamentos. As formas xeométricas. Construción de polígonos regulares coñecendo o lado. As tanxencias e os enlaces. As estruturas bidimensionales. Diferentes tipos de estruturas regulares e irregulares. O módulo e o submódulo. As relacións métricas. Proporción e semellanza. A sección áurea. As escalas. | L18: Construír e compoñer formas de diferentes tipos. Debuxo nunha lámina dos distintos cuadriláteros e triángulos. L19: Construción de polígonos, e súa aplicación ó campo da arte e do deseño. Construción de polígonos. Sistema xeral. Debuxo dun hexágono (7cm de diámetro) e dun octógono ( 8cm de diámetro). L20: Interese por investigar sobre os diferentes tipos de estruturas que posúe a forma. Creación dun deseño téxtil basado na división da circunferencia en partes iguais. Utiliza unha armonía de cor e explica. L21: Valor estético e organizativo do módulo como unidade de composición. Creación dunha red modular constante para o deseño dunha mochila escolar. Traballa na páxina : educacionplástica.net, estruturas bidimensionales. L22: Representar obxectos mediante a proporción e a semellanza. Debuxa un mesmo obxecto en tres escalas distintas. Indica a escala de cada obxecto. | Coñecer as formas orgánicas. Realizar debuxos con diferentes tipos de tratamentos: realista, xeométrico, de contornos e siluetas. Elaborar debuxos de formas orgánicas aplicando as fases de encaixado, desenvolvemento e detalles. Construír polígonos regulares coñecendo o lado e aplicando os seus métodos particulares. Trazar un polígono regular coñecendo o lado e aplicando o método xeral. Coñecer as propiedades básicas das tanxencias e realizar trazados de tanxencias. Trazar o ovalo e o ovoide. Debuxar espirais. Coñecer e representar as estruturas bidimensionales regulares e irregulares. Aplicar módulos e submódulos na construción de composicións bidimensionales. Coñecer as relacións métricas de proporción e semellanza. Construír figuras elementais semellantes. Coñecer e aplicar a sección áurea e as escalas. |
1. Contidos Espazo e volume | 2. Exercicios | 3. Criterios de avaliación |
Os sistemas de representación. O sistema diédrico ortogonal. Representación do punto, a recta, o plano e corpos sólidos no sistema diédrico ortogonal. O trazado de vistas de obxectos. O esbozo. Métodos de representación práctica. | L23: Utilización de diversos elementos que configuran o sistema diédrico para resolución de problemas. L24: Representación de figuras planas, sólidos e corpos xeométricos sinxelos. educacionplástica.net Sistema diédrico ( exercicios de visualización y modelado de 3D a partir de vistas y exercicios de vistas. L25: Aplicación dos conceptos do sistema diédrico ortogonal estudados á resolución de problemas básicos. educacionplástica.net Perspectiva (perspectiva axonométrica ortogonal , nivel 1 pezas) | Coñecer os elementos que configuran o sistema diédrico ortogonal. Representar no sistema diédrico ortogonal o punto, a recta e o plano no primeiro cuadrante. Debuxar figuras elementais contidas no plano no sistema diédrico ortogonal. Representar sólidos elementais e corpos xeométricos no sistema diédrico ortogonal. Representar o punto, a recta e o plano no sistema diédrico ortogonal sen liña de terra. |
Para repasar máis os seguintes temas
A cor
Texturas
División da circunferencia e polígonos:
Deseños modulares bidimensionales
Stop-motion https://stopmotionnow.blogspot.com/
Máis RECURSOS
- En educacionplástica.net os apartados cos que podes traballar son: Visión y percepción ( solo apartado de percepción del color).Trazados xeométricos ( apartado de polígonos).Estruturas modulares bidimensionales. El color Sistema diédrico ( exercicios de visualización y modelado de 3D a partir de vistas y exercicios de vistas.Perspectiva (perspectiva axonométrica ortogonal , nivel 1 pezas)
Ademáis en epvtics.blogspot.com.es ( o noso blog de plástica) tedes presentacións dos temas, vídeos e exercicios para resolver
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.